Carlos
García Amigo
Bio
Acerca de min
Nace en A Coruña e comeza os estudos musicais co seu pai Xosé Carlos García Pardo; aos 11 anos iníciase na práctica do violoncello con Ignacio Alonso. Despois de rematar a carreira en Galicia completa os sus estudos no Koninklijk Konservatorium Den Haag (Países Baixos) onde se licencia no ano 2000. Entre os seus mestres destacan Lito Iglesias, Dalibor Sebestik, Gregor Hosch, Monique Bartels e Antoine Ladrette; é este último quen lle mergulla na interpretación histórica do seu instrumento.
Nos seus anos de formación foi apoiado por diversas institucións como a Fundación Barrié de la Maza, Deputación da Coruña e a Fundación Caixa Galicia; formou parte da Xoven Orquestra de Galicia, da primeira promoción da actual Orquesta Joven da OSG e da Schleswig-Holstein Musik Akademie Orchester. Asemade, foi integrante do Grupo de Cámara In Itinere da USC dirixido por Carlos Villanueva, co que viaxa a México no 1995 e realiza varias gravacións. No 2001 ingresa, tras gañar a audición-concurso, na Real Filharmonía de Galicia coa que ten actuado en diversas cidades de Galicia e do resto do Estado, así como en xiras por Francia, Portugal, Arxentina, Brasil, Austria e Cuba. Foi un dos fundadores da Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello, responsable do nacemento do Cuarteto de Violonchelos de Compostela Chelicia e membro-fundador do Trío Artabria e o Ensemble s21.
É un activo instrumentista no eido da interpretación con instrumentos de época, o que o levou a colaborar con diferentes grupos de Galicia, España e Portugal como Gallaecia Ensemble Barroco, Ars Combinatoria, Alio Modo, Il Combattimento, Americantiga, entre outros. No citado ámbito interpretativo, foi fundador e director musical do grupo Herbens Consort e actualmente é membro do Cuarteto Alicerce, Gallaecia Ensemble Barroco e do grupo Catro Quince.