A CÁLIDA SONORIDADE DO SÉCULO XVII
A CÁLIDA SONORIDADE DO SÉCULO XVII
Catro Quince
o grupo
As traxectorias artísticas de tres músicos galegos converxen para crear un grupo de música antiga especializado no repertorio do século XVII.
A ampla experiencia artística no ámbito nacional e internacional noutras agrupacións ou en solitario permítelles afrontar con bagaxe a creación do grupo de música histórica Catro quince.
Separadamente, son integrantes ou ben colaboradores de coñecidos grupos de música histórica (Alicerce, Manseliña, Martin Codax, America Antiga…), e participan activamente en diferentes ciclos culturais e musicais da súa contorna e do ámbito nacional e internacional.
selo de identidade
En Catro Quince queremos axuntar estes principios musicais de interpretar con calidez unha música antiga e moderna asemade, atemporal e sorprendentemente próxima ao oínte actual, porque ao final de contas, é só «música pop antiga».
DIFUSIÓN
Queremos achegar o repertorio do século XVII a todos os públicos e trasladar ao oínte a unha contorna musical sorprendentemente moderna, recreando unha sonoridade cálida e intrinsecamente alegre que permite o goce da música antiga desde a perspectiva do século XXI.
REPERTORIO
Do sacro ao profano, especializado principalmente na música do século XVII, con obras para este tipo de agrupación instrumental (Sonatas, Canzzonas, Ciacconas…) e compositores como Uccellini, Fontana, Castelo, Marini, Matteis, Schmelzer, Froberguer ou Biber, entre outros.
Ademais deste repertorio, inclúen nos seus concertos solos para cada un dos instrumentos que o integran. Así mesmo, conta con colaboradores habituais como instrumentistas de violoncello barroco, violone e cantantes, cos cales pode realizar proxectos máis amplos.
MEDIOS MATERIAIS
Conta cun estudo con equipos profesionais de gravación de audio, no que realiza os ensaios e gravacións.
Dispón, ademais, de instrumentos de época para a interpretación histórica do repertorio específico da música do século XVII.
Historia
O número 415
Corresponde a unha frecuencia de afinación concreta que, entre os intérpretes de música histórica, xa hai décadas que se adoptou como patrón para interpretacións historicamente informadas. Esta afinación, máis grave que a afinación habitual nas orquestras modernas (440Hz), tamén supón unha «relaxación» dos instrumentos que, ao estaren menos tensionados, dan lugar a unha sonoridade que, aínda que menos potente, resulta moito máis cálida e resoante
INterpretación historicista
Esta corrente de interpretación, que utiliza instrumentos de época, xa hai anos que “modernizou” a música dos grandes compositores barrocos como Bach, Haendel, Vivaldi e moitos dos seus coetáneos, pero tamén sacou á luz compositores de xeracións anteriores (Castello, Uccellini, Marini, Smelzer, Biber…), do século XVII, que crearon a linguaxe e as condicións técnicas dun novo virtuosismo na música instrumental, sobre as cales se baseou a música do Barroco posterior no século XVIII.
A nova música
“…Así iniciaron estos cantos para unha voz sola naqueles tempos. Parecéndome que tiveran máis forza para deleitar e conmover que moitas voces xuntas…”
Este título, publicado por Giulio Caccini na Florencia do 1.600, define o novo estilo musical que imperará a partir dese momento.
No desenvolvemento da melodía acompañada por un baixo e instrumentos harmónicos como modelo compositivo tiveron un papel fundamental instrumentos como o violín, que desde o seu nacemento no norte de Italia a mediados do século XVI, se expandiu por toda Europa con rapidez, alcanzando un éxito incrible en todos os estamentos sociais, e á súa vez facendo que a música popular e a música culta se unisen de forma íntima.
Moitas das Sonatas de compositores desta época levan como título a cantiga popular na cal se baseaban (A Bergamasca, A Orlandina, A Mariona…)
Para finalizar, debemos puntualizar o papel clave do baixo continuo no xurdimento do novo estilo musical e, á súa vez, diferencialo do que será o continuo no barroco tardío. A realización do baixo contínuo neste primeiro barroco italiano, caracterízase por un estilo que inclúe o Arte da diminución e das glosas, acadando o baixo non só un soporte harmónico, se non tamén unha estreita colaboración co solista. Os continuistas nesta época recrean as obras dos compositores desde a súa creatividade e inventiva melódica, complementando así o discurso musical sonoro.
Fontes
Ademáis das diversas fontes documentáis, contamos ca abundante existencia de obras pictóricas que, en ambientes lúdicos como tabernas ou na rúa, ilustran grupos instrumentais coma o noso que, acompañados de xerras de viño ou cervexa, gozan tocando música, probablemente como a que nós interpretamos.
Integrantes
Síguenos en Facebook
Ponte ao día dos noso
Instrumentos
Espineta e Positivo
Esta espineta foi construída en Barcelona no 2008 en base ao modelo inglés caracterizado pola súa forma de ala de paxaro, mentras que este precioso positivo realizouno Juan Bautista Díaz na década dos noventa seguindo un modelo antiguo.
espineta
A espineta é un instrumento de corda pulsada, ao igual que o cravo e o virxinal, sendo a espineta de tamaño intermedio e cas cordas dispostas de forma oblicua respecto ao teclado. O seu tamaño compacto permite que se traslade con facilidade e que ocupe menos espacio, pudendo situarse na parede polo seu lado recto. Acadou o seu máximo apoxeo nos séculos XVI e XVII.
¿Cómo funciona e cales son as súas partes?
O seu mecanismo dispón duns saltadores que se accionan mediante unhas pancas, que son as teclas, polo que mentras a tecla está baixada o saltador permanece levantado.
En posición de reposo, o plectro do saltador está por debaixo da corda, e ao accionarse, sube o saltador e fai que o plectro a puntee. No camiño de baixada volve a rozar a corda provocando un segundo e lixeiro ataque. Os saltadores sitúanse a diferente distancia da ponte para puntear a corda no punto proposcional exacto á súa lonxitude (nas máis graves sitúanse maís lonxe). Respecto ao material, as cordas máis graves son de latón mentras que as demáis son de ferro, presentando diferentes calibres, nove no caso deste instrumento.
Continuamos cos plectros. Cada saltador ten un apagador e un plectro que acciona unha única corda. Os plectros son flexibles e o instrumentista debe saber tallalos en función da sonoridade desexada, personalizando deste xeito a sonoridade do instrumento.
Tamén pode observarse que as teclas son máis curtas cas dun clave e, ainda que non se vexa, o seu calado é tamén máis reducido, facendo que sexa un instrumento máis lixeiro e delicado de toque.
ÓRGANO POSITIVO
Este precioso e orixinal órgano positivo foi construído por Juan Bautista Díaz. Ten a peculiaridade de que os tubos están á vista, en lugar de estar nunha celosía na parte superior ou inferior do instrumento. A súa extensión abrangue catro octavas e 1/3 e conta con catro rexistros: tres enteiros como o violón (8′) ou o tapadillo (4′) ca súa característica sonoridade doce, a quincena (2′) que aporta máis brillantez e o rexistro solista de tiple dos nasardos (1 1/3′), tan apropiado para mesturar simultáneamente dous rexistros diferenciados.
O material e a forma diferente dos tubos aportan o timbre peculiar de cada rexistro. Para afinar os tubos hai que axustar a peza superior para alongar ou acurtar a súa lonxitude.
Ademáis, é un instrumento transpositor, que desprazando o teclado pode afinarse en 440 ou 415 Hz, adaptándose perfectamente á música que nós interpretamos.
Este tipo de órganos portátiles, tamén chamados “realejos”, tivo a súa época de esplendor desde o século XIV, utilizándose no século XVII para realizar o continuo e especialmente a música eclesiástica.
Violín barroco
Este precioso instrumento é unha copia dun Violín de 1650 de Nicola Amati, construido por o luthier Germán Arias no ano 2002.
Ten a peculiaridade de que se construiu seguindo unha técnica habitual nesa época nalgunhas partes de Europa. Fabricouse sen molde, polo que ao no necesitar tacos resulta máis lixeiro, e ten, ademáis, a barra armónica excavada no centro da tapa superior.
O resultado é ese sonido cálido que buscamos no grupo como seña de identidade propia.
Arco barroco
Trátase dunha copia «facsímil» dun arco francés ou inglés de finais do S XVII que se conserva en Londres e foi realizada polo experto Hans Reiners
Como case todos os arcos do XVII é un arco de noz fixa. Para variar a tensión ten outra noz e ademáis engádense tiras de coiro entre a crin e a acanaladura da noz cando é necesario.
É un arco corto moi lixeiro de 40 gramos, perfecto para as pasaxes rápidas e vistuosísticas da música desta época.
Guitarras
Presentamos unha serie de instrumentos de corda pulsada. Un dos que máis usa Tin en Catro Quince é esta preciosa guitarra barroca de cinco órdenes construída por o luthier César Arias, baseada nun orixinal de autor descoñecido, probablemente francés entre 1650 e 1700. A sonoridade desta guitarra combina moi ben ca da espineta, producindo unha mistura na que os dous instrumentos se entremezclan acústicamnete, sendo ás veces difícil diferencialos.
Outra guitarra de época é a do ribete enmarcando a caixa, sendo a súa orixe probablemente tamén francesa.
A tiorba é o instrumento máis voluminoso dos que se amosan, cunha sonoridade máis grave e potente, ideal cando interpretamos obras con órgano.
O laúd é unha copia dun instrumento construido por Vendelio Venere en Venecia no 1.592.
E por último, podedes ver un detalle do clavixeiro desta vihuela inspirada na iconografía do século XVI.
Contacta con Catro Quince
Correo e Móvil
info@catroquince.com
+34 655431728
Dirección
Santiago de Compostela
15703