Roberto
Santamarina Fernández

Roberto
Santamarina Fdez

Bio

Acerca de min

Realiza os seus estudos de violín no Conservatorio de Santiago de Compostela (España), cunha bolsa do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) para ampliar estudos de posgraduado cos Virtuosos de Moscova e Yuri Nashuskin. Ao mesmo tempo estuda Interpretación histórica na Universidade de Salamanca con Ángel Sampedro, Emilio Moreno e Eduardo López Banzo, formando parte da Orquestra Barroca de Salamanca.

Ao longo da súa carreira foi integrante e colaborador en varios grupos especializados en música antiga e interpretación histórica, como Martín Códax, Grupo 1500, Favola D´Argo, Il Combatimentto ou America Antiga. Desde 2016 é membro fundador do Cuarteto Alicerce, especializado en interpretación histórica da música de cámara de finais do XVIII especialmente da Península Ibérica, co que deu numerosos concertos en España e Portugal.

Foi director da Orquestra de cámara Música Acordada e é colaborador habitual no Festival Internacional de Música Colonial Brasileira e Música Antiga de Brasil, no cal dirixiu musicalmente óperas Il ballo delle ingrate de Claudio Monteverdi e Vendado é amor non é cego de José de Nebra nas edicións de 2017 e 2018. Tamén desenvolveu un intenso labor pedagóxico como profesor de violín na Xoven Orquestra de Galicia, e actualmente é profesor de violín numerario no Conservatorio de Santiago de Compostela.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?