Tin
Novio López

Bio

Acerca de min

Natural de Monte Alto (Coruña) e guitarrista de formación clásica, interésase despois polos instrumentos históricos, o laúde e a vihuela primeiro e a guitarra barroca e a tiorba máis tarde. Neses anos estuda, entre outros, con Jose Miguel Moreno, Hopkinson Smith, Rolf Lislevand, Beatrice Pornon, Pascal Montelieu e especialmente con Paul Ou’dette un dos mellores laudistas da nosa época.

Colabora habitualmente con grupos especializados na música dos séculos XVI XVII e XVIII cos que actuou en lugares tan emblemáticos como a Praza de España en Roma, o museo Albert and Victoria en Londres ou The Cloisters en Nova York.

Participa en discos e DVDs publicados en selos como Lindoro, Bonaerges, Consello da Cultura Galega, Brilliant Classics ou Sony Music.

No terreo da música medieval, e cun laúde baseado nos instrumentos do pórtico da gloria, acaba de publicar o terceiro álbum do grupo Manseliña.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?