Alejandra
Escolante Mujico

@Belén Bermejo Photography

Bio

Acerca de min

Inicia estudos de música no Conservatorio Superior de Música da Coruña no que finaliza os graos superiores de Piano, Música de Cámara, Solfexo e o grao elemental de violín. Simultaneamente obtén a diplomatura en Ciencias Económicas.

Estuda cos pianistas Lida Stratulat (en Oviedo), Anna Mirzoyan e Alexander Gold. A súa formación é unha constante, realizando innumerables cursos entre os que destacan os de posgraduado de Alcalá de Henares. Recibiu clases maxistrais de Almudena Cano, Irina Zariskaia, Josef Colom, José Luis G. Uriol, Juan de la Rubia… Debido ao seu interese pola música antiga inicia estudos de órgano con Bruno Forst en 2006, continuando coa mestra Marisol Mendive no Conservatorio de Ourense e con Alicia Alcaina a especialidade de clave.

Colabora activamente en ciclos de órgano e na súa promoción didáctica, como Ciclo Olladas, XXX Ciclo de Órgano de Xunqueira de Ambía, Ciclo conmemorativo en San Miguel dos Agros, diferentes edicións da Exposición didáctica do Órgano Ibérico da Capela da Real Confraría das Ánimas e do ciclo Lugares e Órganos (As Donas, cuarteto Alicerce, quinteto Invento…), visitas a órganos de Compostela, colaboración na serie documental Corpo de vento etc.. Promoveu diversas actividades culturais e musicais en Compostela (Xornadas de órgano Mariano Tafall, Ciclo de cámara Hilario Courtier, Xornadas didácticas…)

Funcionaria de carreira nos Corpos de Ensino Secundario e Música e Artes Escénicas, exerce desde o 2005 o labor docente de pianista acompañante no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?